Información pública a modificación das Normas Técnicas de planeamento urbanístico de Galicia: achegas dos colexiados

0
Posted by / 9 junio 2021 / Categories: Activa, Alegacións, Noticias, Publicada en Portada, Uncategorised / -

Infórmase do anuncio da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se somete a información pública a modificación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que foi publicado no DOG nº 96 de 25 de maio de 2021 (Corrección de erros no DOG nº 98 de 27 de maio de 2021)

O texto da modificación sometida a información pública pode consultar no seguinte ENLACE

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación do anuncio do DOG, calquera persoa poderá examinar o documento e presentar ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou a través do correo electrónico sxurb@xunta.gal, as alegacións, observacións e xustificacións que se consideren pertinentes.

O Colexio está realizando a correspondente revisión da modificación proposta e avaliar as posibles alegacións ou observacións ao texto. Neste sentido, indícase que os colexiados que queren facer chegar ao COAG as súas suxestións ao respecto de posibles alegacións ou observacións, deberán facelo a través da plataforma de consultas colexial á maior brevidade posible ou, en todo caso antes das 14:00 horas do vindeiro 16 de xuño. Calquera consulta ao respecto deste asunto, deberá realizarse a través da misma canle.

As suxestións achegadas serán valoradas pola Comisión colexial de Urbanismo, Territorio e de Administración Local e Función Pública que decidirá sobre a súa incorporación ao documento de alegacións ou observacións que presentará o COAG.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube