Os principais motivos de impugnación foron: I.- A BAREMACIÓN DO PROCESO SELECTIVO (CONCURSO-OPOSICIÓN): ABSOLUTA INDETERMINACIÓN E CONFUSIÓN DOS TERMOS DA CONVOCATORIA; TOTAL INSEGURIDADE XURÍDICA. A suma das puntuacións máximas dos méritos que se valoran na fase de...
Recursos
O Xdo. Contencioso-Administrativo, 1 de Lugo declara a firmeza da sentenza acaída no Procedemento Ordinario 46/2020 tramitado ante o Xdo. Contencioso-Administrativo, 1 de Lugo en relación co recurso interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños contra a Licitación e Pregos das Cláusulas Administrativas Particulares e Prescricións Técnicas da Contratación do Servizo de Asesoramento técnica Urbanístico; Acordo, de 12/12/2019, da Xunta de Goberno Local do Concello do Saviñao, no que o COAG compareceu como parte e actuou como codemandado xunto co concello do Saviñao en defensa das competencias da profesión
Antecedentes do procedimento xudicial: O concello do Saviñao licitou o contrato de servizos de asesoramento técnico urbanístico. A cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, relativo á solvencia técnica, entre os requisitos esixidos indicaba que...
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia notifica a desestimación dos recursos especiais en materia de contratación interpostos polo COAG contra as seguintes licitacións
Contratación do servizo de redacción de proxecto e dirección de obra para a construción dun edificio para 24 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes e rochos, na Parcela BB3 do SUNP-12, Lamas de Abade, Santiago de Compostela (A Coruña), expediente...
O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Quiroga para a adxudicación do contrato de servizos de consultoría e asistencia técnica urbanística municipal
Os principais motivos de impugnación foron: I.- INFRACCIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS. O prego establece como criterio de solvencia técnica a titulación de Arquitecto ou de Arquitecto Técnico. Á vista das funcións a realizar o COAG entende que só o Arquitecto pode...
A Conselleria de Facenda e Administración Pública desestima os recurso de reposición formulados polo COAG contra a Resolución de o 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes e enxeñaría industrial; escala de ciencias, especialidade de química, e escala e arquitectos (DOG Núm. 241, do 17 de decembro) e contra a Resolución de o 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría agronómica, enxeñaría de montes e enxeñaría industrial; escala de ciencias, especialidade de química, e escala e arquitectos (DOG Núm. 241, do 17 de decembro).
Enlace ás resolucións (COLEGIO ARQUITECTOS A1 LIBRE, COLEGIO DE ARQUITECTOS A1 ESTABILIZACIÓN). Noticia dos recursos presentados no seu día: ENLACE
O COAG impugnou as seguintes 5 licitacións do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para a adxudicación de 5 contratos de servizos de redacción de proxectos e dirección de obras de edificios de vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais
Máis info. Redacción de proxecto e dirección de obra para a construción dun edificio para 40 vivendas de promoción pública (VPP), garaxes, rochos e locais, na Parcela z-13 do Sector 10 do Parque Ofimático da Coruña. Expediente: C-2021/010_RP+DO. Redacción de proxecto...
A Sección de admisión da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo inadmite o Recurso de Casación (nº 3112/2021) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contra a Sentenza 45/2021 do 9 de febreiro ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Ordinario 7198/2020 que desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de 29/01/2020 que desestimou o recurso de reposición contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo
A Sala acordou a inadmisión en virtude do artículo 90.4.c) da Ley 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción Contencioso-Administrativa (LJCA), afirmando "por non ser relevante e determinante do fallo ningunha das infraccións denunciadas".
O COAG presenta dous recursos de reposición: un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no Corpo Facultativo Superior da Administración Especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo a1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e ESCALA de Arquitectos; así mesmo un recurso en impugnación da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no Corpo Facultativo Superior de Administración Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de Enxeñaría, escala Ciencias e escala de Arquitectos
O motivo dos recursos ven dado debido a que as bases de ambas convocatorias establecen que o primeiro exercicio da fase de oposición de acceso libre de cada unha das convocatorias coincidirá co da outra de xeito que sendo os mesmos requisitos de acceso non se pode ir...
O Concello de Monterrei estima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para adxudicar o Contrato de Servizos para a Redacción do PXOM
O COAG impugnara a licitación o pasado 29/11/2021. A Xunta de Goberno Local do concello, mediante resolución do 17/12/2021 acorda estimar o recurso de reposición do COAG deixando sen efecto a licitación, emendando os defectos do Prego de cláusulas administrativas...
O Concello de Meaño estima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para a adxudicación do contrato de servizos para a redacción do instrumento de planeamento denominado “Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de A Toxa-Meaño”
O COAG impugnara dita licitación o pasado 29/11/20121. A vista da notificación do concello dita licitación tamén fora impugnada por outro Colexio Profesional. A Xunta de Goberno Local, previa estimación de ambos recursos, acordou desistir do procedemento de...