O Xdo. Contencioso-Administrativo, 1 de Lugo declara a firmeza da sentenza acaída no Procedemento Ordinario 46/2020 tramitado ante o Xdo. Contencioso-Administrativo, 1 de Lugo en relación co recurso interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños contra a Licitación e Pregos das Cláusulas Administrativas Particulares e Prescricións Técnicas da Contratación do Servizo de Asesoramento técnica Urbanístico; Acordo, de 12/12/2019, da Xunta de Goberno Local do Concello do Saviñao, no que o COAG compareceu como parte e actuou como codemandado xunto co concello do Saviñao en defensa das competencias da profesión

Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)