O COAG remite un escrito alegacións ao Concello da Estrada solicitando a modificación dos criterios de adxudicación, a desistencia da licitación para a adxudicación do contrato de servizos de arquitectura para a redacción do proxecto “Peonización da Praza da Farola”, e a convocatoria dun novo procedemento no que ditos criterios sexan conforme ao previsto legalmente. Expediente 6816/2023.

Os criterios de adxudicación previstos consistían nunha proposta técnica (25 puntos) e nunha oferta económica (75 puntos). O COAG alegou que ditos criterios eran contrarios ao previsto legalmente, xa que o artigo 145 Lei 9/2027 de Contratos do Sector Público establece...