O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación convocada polo Concello de Narón para a aduxudicación do contrato de servizos para a dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación do Muíño de Xuvia, incluida na EDUSI “Ría de Ferrol, cidade 2020”

Os motivos da impugnación son algúns criterios de valoración das propostas e o importe do seguro esixido ao eventual adxudicatario. Enlace ao texto do recurso

O concello da Coruña modifica os pregos e convoca unha nova licitación para a adxudicación do contrato de servizos para a redacción de proxecto constructivo, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde correspondentes ás obras do “Plan de humanización e naturalización do paseo marítimo de A Coruña”

Plan de humanización e naturalización do paseo marítimo de A Coruña Os novos pregos da licitación recollen unha serie de alegacións que foran incluidas no recurso que presentara o COAG o 25 de maio de 2020 en impugnación da licitación.