Manual de recomendacións para a rehabilitación de vivendas en Galicia. IGVS

13 xuñ 2022

A rehabilitación é un elemento clave para un futuro sustentable, porque supón unha mellora das condicións de vida dos habitantes, unha mellor conservación do noso patrimonio, unha aposta pola calidade e a sustentabilidade da construción, e unha mellor e máis racional ocupación do territorio.

Este Manual de rehabilitación sustentable para vivendas en Galicia é unha ferramenta para os técnicos e profesionais que van proxectar e executar obras de recuperación de edificacións existentes, que lles permitirá adoptar solucións —tanto nos seus elementos construtivos coma nas súas instalacións— que garantan estándares necesarios en accesibilidade, habitabilidade, funcionalidade e seguridade estrutural.

Ademais, facilita o traballo en materia de aforro enerxético en función da mellora que se pretenda acadar e da localización do edificio relativo ás variables climáticas específicas da zona. A conexión co visor de mapas climáticos de Galicia axudará de xeito importante neste sentido.

Pique aquí

Compartir