Triálogos de Arquitectura 2018: enredos

Posted by / 1 junio 2018 / Categories: Delegación Pontevedra, Publicada en Portada / 0 Comments
Un ano máis, e co fin de achegar a figura dos arquitectos e arquitectas colexiadas na área da Delegación de Pontevedra ós cidadáns, xerando unha confrontación de opinións entre profesionais con diferentes modos de ver e entender a arquitectura e profesión, se presenta o terceiro ciclo de conferencias “Triálogos de arquitectura”.

 “Triálogo: conversa a través do logos entre tres”

Unhas xornadas que se celebran trianualmente (celebrándose as anteriores edicións nos anos 2012 e 2015) e que teñen permitido visibilizar o traballo dos e das profesionais do norte da provincia no campo da vivenda e da rehabilitación, e que nesta ocasión se centrará nos “enredos”, nesas facetas alonxadas do rol clásico dos  arquitectos, e nas que moitas veces, sen saber cómo, se ven inmersos e involucrados os profesionais da arquitectura.

Estas conversas, a tres bandas, porán de relevo nun mesmo día a obra de tres arquitectos ou arquitectas, de xeracións diferentes, cun mesmo fío condutor do seu traballo, nesta ocasión eses outros campos e áreas de traballo nos que se ven gratamente atrapados e “enredados”. Incursións noutras disciplinas ou artes,..moitas veces puntuais, ou froito de colaboracións, pero moitas outras serias apostas profesionais.

Unha visión da obra dos profesionais da arquitectura que vai máis alá da obra construida, e que amosará toda a diversidade de traballos e campos nos que, a día de hoxe, traballan e participan os e as arquitectas.

Os debates-triálogos terán lugar no 2º andar da Casa das Campás, os tres primeiros mércores de Xuño de 20:00h a 21:30h, e estarán abertos a todos e todas as que queiran achegarse.

PROGRAMA:

6 de xuño, ás 20:00h
  • Paula Alfonso Arquitectura
  • Miguel Monteagudo Pazo
  • Equipo BIMrras Podcast- ediliciaBIM (Rogelio Carballo, Juan Martínez-Almeida, Evelio E. Sánchez, Rafael Tenorio)
13 de xuño, ás 20:00h
  • Silvosa París Arquitectura
  • SPA-cc (Evelio E. Sánchez, Rafael Tenorio)
  • Angel Canabal, Fernando Campos
20 de xuño, ás 20:00h
  • ESTÉVEZeGONZÁLEZ arquitectos
  • Cristina García Fontán
  • Mauro Lomba ARQUITECTO
About the author

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram