Bolsa de traballo para a redacción de proxecto de reforma do local da Delegación de Ourense [OFERTA PECHADA]

6
Posted by / 18 abril 2018 / Categories: coag, Delegación Ourense, Emprego / 6 Comments

A Xunta de Gobierno acordou realizar unha convocatoria de bolsa de traballo para a contratación da redacción do proxecto e dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde da obra de reforma do local sito na rúa Avilés de Taramancos para nova sede do COAG en Ourense.

Conforme ao procedemento colexial aplicado en supostos similares, o técnico será designado por sorteo entre os colexiados que dentro do prazo establecido manifesten expresamente o seu interese en concorrer a esta convocatoria, ao que se encomendará a redacción do proxecto reformado do proxecto básico e de execución, a dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde da obra de reforma do local sito na R/ Avilés de Taramancos para destinalo á nova sede do COAG en Ourense. Este proxecto modificado será a base para a execución das obras e a consecución das autorizacións administrativas precisas para súa realización e posta en funcionamento.

O prazo de inscrición rematará ás 23:59 horas do vindeiro 24 de abril de 2018.

Máis información e inscrición nesta bolsa a través do Panel de Servizos na sección de emprego e convocatorias.

About the author
6 comentarios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram