Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

18 xuñ 2021

Infórmase da publicacion, no DOG nº 111 de 14 de xuño, da RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 1 de xuño de 2021 pola que se convoca, para a anualidade de 2021, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Esta resolución ten por obxecto convocar, para a anualidade de 2021, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (en diante, Fondo de cooperación), así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el (código de procedemento VI438A).

Para máis información, consultar o seguinte ENLACE

Compartir