Xornada “A lei de contratos do sector público cinco anos despois”

8 Mar 2023

A Deputación provincial da Coruña organiza a xornada “A lei de contratos do sector público cinco anos despois. A importancia da contratación pública como motor da economía”.

Será impartida por profesores de Universidade, especialistas en contratación, interventores e secretarios de administración local e representantes de diversos organismos (OIRESCON, TACGAL, Xunta consultiva de contratación pública de Galicia) así como representantes de asociacións de empresarios e colexios profesionais, e persoal da función pública relacionado coa materia.

A xornada celebrarase o día 13 de marzo de 2023 no Teatro Colón, está aberta a persoal das administracións públicas, cargos electos, arquitectos/as, enxeñeiros/as, avogados/as, economistas, empresarios/as, estudantes, opositores e persoas interesadas en xeral, e é gratuíta previa inscrición na seguinte ligazón:

https://www.dacoruna.gal/contratacion/xornada-lei-contratos-do-sector-publico/

O programa está dispoñible na seguinte ligazón:

https://www.dacoruna.gal/files/7116/7724/9889/PROGRAMA_Xornada-LeiContratos_WEB_2.pdf

Compartir