No DOG de 8 de outubro, aparece o anuncio da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o anteproxecto de Lei de Ordenación do Territorio de Galicia.
Sométese a información pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o anteproxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia.
Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do anteproxecto de lei no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-enviode-suxestions/
As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:
- Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: sxurbanismo@ xunta.gal.
- Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.
- Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.