Infórmase que a actual arquitecta de visado da delegación de Lugo, causará baixa como empregada o vindeiro 30 de maio, con motivo da súa xubilación. En relación con este asunto, a Xunta de Goberno, na súa sesión 5/2022 de 5 de maio, adoptou o acordo de abrir o proceso para cubrir a vacante na Delegación de Lugo da praza de arquitecto/a (titulado/a superior) que presta as funcións de arquitecto/a da área técnica colexial (Arquitecto/a de Visado, Asesoramento, formación…) con desprazamentos periódicos necesarios ás delegacións colexiais.