A partires do día 17 de outubro o Concello de Burela incorporarase á interoperabilidade co COAG a través da plataforma “pasaxe”. Este servizo é froito do convenio asinado entre o COAG e a Xunta de Galicia. Así, a partires do día 17 de outubro, consignando o código de expediente/traballo(s) do COAG na tramitación da licencia ou de outras autorizacións administrativas, e sempre e cando os técnicos redactores o teñan autorizado previamente, o Concello accederá á documentación técnica correspondente para incorporala á tramitación municipal.
En que concellos está dispoñible o servizo de interoperabilidade?
Actualmente, o servizo está dispoñible nos 78 concellos recollidos nesta listaxe.
Como funciona este servizo?
Basta que os arquitectos redactores autoricen a descarga e proporcionen ao promotor que solicita a licenza ou outras autorizacións, o código de expediente e traballo(s), para que se indique(n) na solicitude. A partires dese momento, o Concello poderá descargar a documentación técnica desde o COAG para que quede incorporada ao expediente municipal, sendo notificados os arquitectos autores no momento no que esta descarga se produza.
Como autorizan a descarga os arquitectos redactores?
A autorización da descarga polos arquitectos pode activarse no COAGEstudio de escritorio para cada traballo tramitado coa estrutura documental guiada (estructura documental -> premer no traballo -> ficha do traballo -> activar a opción “enviar á administración unha vez visado”), ou por defecto para todos os traballos que se tramiten en diante nos concellos que teñen adscritos ao sistema (Administración -> Valores de configuración -> Activar Envío á Administración do Traballo).
En COAGEstudioWeb o funcionamento é similar, podendo activarse a autorización desde a ficha do traballo-> acceso administración. Premendo na configuración de usuario pódese activar por defecto a autorización nos traballos que se tramiten nos concellos co servizo activo.
Tamén se pode autorizar/revogar a descarga pola administración, en calquera momento, a través da web do COAG (Panel de servizos -> visado e asesoramento técnico -> consulta web de expedientes -> ficha do traballo -> envío á administración).
Como se realiza a autorización do promotor?
Cando se vai a tramitar a solicitude no Concello de Burela, no lugar da documentación técnica, bastará entregar un arquivo pdf onde se expoña que se autoriza a descarga desde o COAG dos traballos profesionais correspondentes, indicando o número de expediente COAG e número(s) dos traballo(s). É importante subliñar que, ademais do código de expediente, se deben autorizar e consignar todos os traballos para os que se autoriza a descarga. Por exemplo, si se atopan visados/rexistrados no COAG, dentro do expediente 200000, os traballos 2 (proxecto de execución), (3) folla de estatística, (4) oficio de dirección, consignaríanse na solicitude o número de expediente 200000 e os traballos 2,3,4.