O COAG está analizando a evolución futura do servizo @coag.es, actualmente prestado sobre a plataforma Google Workspace.
Nos últimos anos, este tipo de plataformas evolucionaron cara a solucións máis amplas de comunicación e colaboración profesional, nas que o correo electrónico é só unha das funcionalidades. Esta evolución ten impacto directo no custo do servizo, especialmente ao tratarse dunha contratación agregada para un número elevado de contas, o que sitúa ao COAG nun ámbito máis próximo ás solucións corporativas avanzadas que aos servizos individuais de correo.
Por este motivo, queremos coñecer mellor o uso real que os colexiados e colexiadas facedes da conta @coag.es, que funcionalidades valorades máis e que interese poderían ter determinadas prestacións adicionais, incluídas as relacionadas coa intelixencia artificial. No caso de que non utilices a conta, gustaríanos coñecer baixo que condicións e prestacións si poderías estar interesado en suscribila.
A túa resposta axudaranos a valorar os posibles escenarios de futuro do servizo: continuidade co provedor actual, adaptación a diferentes perfís de uso, incorporación de funcionalidades opcionais, cambio de plataforma ou incluso, se o modelo deixase de resultar sostible, a non continuidade do servizo.
Agradeceriamos que cubrises este breve FORMULARIO.
A túa resposta será de gran utilidade para tomar decisións máis axustadas ás necesidades reais dos colexiados/as.
Moitas grazas pola túa colaboración.
