Deputación da Coruña_convocatoria de proceso selectivo para elaborar listas de personal temporal para postos de arquitecto

28 Mar 2023

No BOP A Coruña de 24 de marzo publícase o anuncio da Resolución número 9517/2023 de 10/03/2023, pola que convoca o proceso selectivo para elaborar unha lista de persoal funcionario interino e/ou laboral temporal para postos de arquitecto (A1) da Deputación Provincial da Coruña.

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Enlace ao BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir