Concello de Guitiriz – Unha praza de arquitecto/a

28 Mar 2023

No BOP Lugo de 24 de marzo aparece o anuncio de aprobación das bases e convocatoria para a selección de un funcionario interino mediante un programa de carácter temporal para a recuperación e renovación urbana do Concello de Guitiriz para cubrir un posto de : 1 arquitecto/a como funcionario/a interino/a para execución dun programa de carácter temporal.

Quen desexe formar parte no proceso selectivo deberá presentar solicitude no modelo oficial a disposición das persoas interesadas nas dependencias administrativas do Concello de Guitiriz e na paxina web do Concello de Guitiriz (www.concellodeguitiriz.com), dirixidas á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz, ou a través dos restantes medios admitidos legalmente, no prazo de presentación de instancias será de 10 días, contados a partir do seguinte ao desta publicación no BOP de Lugo.

A resolución completa coas bases da convocatoria pódese consultar na sede electrónica do Concello de Guitiriz e no taboleiro de anuncios.

Enlace ao BOP Lugo.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir