No BOP-Lugo de 21 de novembro, publícase o anuncio polo que Convócase proceso excepcional para a estabilización como persoal laboral fixo da praza de arquitecto municipal a tempo parcial incluída na Relación de Postos de Traballo do Concello de Becerreá (Oferta de Emprego Público Extraordinaria 2022).
En dito anuncio aparecen as BASES POLAS QUE SE REGULA O PROCESO EXCEPCIONAL PARA A ESTABILIZACIÓN COMO PERSOAL LABORAL FIXO DA PRAZA DE ARQUITECTO MUNICIPAL A TEMPO PARCIAL INCLUÍDO NA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE BECERREÁ.
A solicitude para tomar parte no procedemento de selección axustarase ao modelo que figura como Anexo I das presentes Bases.
Presentarase, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do Concello ou a través da súa sede electrónica, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). Tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da LPAC.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.