Concello de A Coruña – listaxe de persoal funcionario interino para cobertura temporal de prazas de Arquitecto/a

1 Mar 2023

Publicado no BOP-A Coruña de 16 de febreiro o anuncio do Concello de A Coruña polo que se aproba a convocatoria e as Bases selectivas para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de prazas de Arquitecto/a (subgrupo A1). Prazo ate o 3 de marzo.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gal) mediante o procedemento específico “Participación en probas selectivas”. Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, que se contan desde o seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia; isto é, do  17 de febreiro ao 3 de marzo de 2023, ambos incluídos.

NOTA: Este proceso está exento de tasas de exame.

Enlace ao Concello de A Coruña:

https://www.coruna.gal/administracion-publica/es/recursos-humanos/convocatorias-de-seleccion-de-personal/detalle-del-proceso-selectivo/sel2023003-elaboracion-lista-arquitecto-a/contenido/1453830272576

Enlace á publicación no BOP:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/02/16/2023_0000000970.pdf

Compartir