En relación á recente e crítica situación que poidera apuntar á desaparición da paradimática obra de arquitectura, coñecida como a zapatería do arquitecto D. Francisco Alonso, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia segue a significar o seu apoio no rescate do patrimonio moderno. Os valores patrimoniais de obras de singularidade como a que se refire, son exemplo das máis altas cualidades arquitectónicas dun pasado recente, nas que se apoiará a mellor arquitectura do futuro.
O COAG xa resolveu, na súa sesión de XdG de 3/2021, de 8 de abril remitir escritos á dirección General de Vivienda y Rehabilitación e á Dirección General de Patrimonio Cultural da Comunidade autónoma de Madrid a petición do arquitecto compañeiro Carlos Pita Abad, solicitando a ambos organismos a incorporación ao catálogo de elementos protexidos do Ayuntamiento de Madrid do local referido, para conquerir a súa protección integral ao máis alto nivel, feito no que se reafirma a data de hoxe 8 de Septembro de 2023, de forma que segue e seguirá defendendo os valores patrimoniais desta e doutras obras que merecen o respeto da nosa contemporaneidade.
O COAG seguirá neste sentido sempre fiel ao que Kevin Lynch refire cando dí que “a conservación, física ou cultural, é o mantemento presente dos recursos que se cree serán importantes incluso nun futuro lonxano e en gran parte imprevisible: evitando a perda ou degradación de bens que serán continuamente reutilizables dende moi amplas perspectivas de uso, incluso da memoria e da cultura dos pobos.”