O COAG presenta recurso especial en materia de contratación ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación do Servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo (Pontevedra) incluído dentro do «Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- financiado pola Unión Europea-NEXTGENERATIONUE» (Nº Expte 45/2022) referencia do expte CPS-2022-0014.

10 Ago 2022

O motivo da impugnación foron os criterios de adxudicación ao entender que os criterios de adxudicación recolllidos no prego infrinxen o artigo 145.4 LCSP que establece que nos contratos de servizos de arquitectura, os criterios relacionados coa calidade deben representar como mínimo o 51% da puntuación asignable e consecuentemente os criterios relacionados cos custes, como o prezo, non poden superar o 49%.

Compartir