O luns dia 25 ás 12:00, inaugurouse na rúa San Marcos da cidade de Lugo a exposición “Alejandro de la Sota 1913-1996” que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Téntase dar a coñecer a figura de Alejandro de la Sota Martinez a sociedade Galega, co gallo da celebración do “Día das Artes Galegas“, que este ano a Real Academia de Belas Artes Nosa señora do Rosario dedica a este arquitecto e con fondos documentais cedidos pola fundación Alejandro de la Sota.