O próximo xoves, 22 de outubro, farase unha visita ás instalacións do Clúster da Pizarra en Sobradelo de Valdeorras para achegar aos profesionais o proceso extractivo e transformador deste material de referencia na construción.
Punto de encontro e benvida
A xornada dará comezo no Centro Tecnolóxico da Pizarra, situado na localidade de Sobradelo de Valdeorras (Carballeda de Valdeorras). A recepción dos participantes terá lugar entre as 10:30 e as 11:00 horas, momento no que o xerente do Clúster da Pizarra de Galicia ofrecerá unha benvida oficial acompañada dun café para os asistentes.
Para facilitar os desprazamentos e garantir a seguridade dos asistentes durante todo o itinerario polas explotacións, o Clúster porá a disposición dos colexiados un servizo de autobús exclusivo para os traslados.
Programa da xornada
- 10:30 – 11:00: Recepción dos colexiados no Centro Tecnolóxico da Pizarra a cargo do xerente do Clúster da Pizarra de Galicia e café de benvida.
- 11:00: Saída en autobús en dirección á nave de elaboración.
- 11:30: Visita guiada á nave de elaboración, onde se explicarán os catro pasos fundamentais do proceso de elaboración.
- 12:45: Visita técnica a unha canteira de lousa a ceo aberto.
- 14:00: Xantar para os inscritos.
Esta visita reafirma o compromiso de colaboración entre os arquitectos galegos e o sector da lousa, promovendo un coñecemento directo das súas aplicacións construtivas, sostibilidade e calidade técnica sobre o terreo.
Inscrición na visita
Para asistir a esta xornada é preciso inscribirse nesta [ligazón]*.
*A inscrición nesta xornada inclúe o café de recepción e o xantar.
