Tal e como se anuncia na Circular 5 2022 Secretaria, a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia adoptou o acordo de realizar a convocatoria pública de contratación de dous/dúas arquitectos/as (titulado/a superior) para que presten as funcións de arquitecto/a de visado.
Conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión 3/2022 de 10 de marzo, comunicado na circular 4/2022 de 24 de marzo, creáronse 2 prazas de arquitectos/as (titulado/a superior) para que preste as funcións de arquitecto/a de visado nas delegación de Ourense e Santiago de Compostela.
Neste sentido, en virtude do previsto no art. 9 do Convenio Colectivo do COAG e na circular referida, tras quedar deserto o concurso interno para cubrir a devandita praza, a Xunta de Goberno na súa sesión 4/2022 de 7 abril adoptou o acordo de realizar esta convocatoria.
Máis información na Circular 5 2022 Secretaria.