Conferencia Albert Cuchí – Santiago y su pasado

6 Mar 2024

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a súa Delegación de Santiago, organizan o ciclo de 6 conferencias denominado “Territorios Análogos”. Este ciclo, que conta con especialistas en urbanismo e ordenación do territorio, permitirá coñecer diferentes experiencias levadas a cabo fóra de Galicia, e que en poderían gardar certa analoxía coa nosa realidade territorial.

A segunda das conferencias será o vindeiro mércores 13 de marzo, ás 19:30 horas, a cargo de Albert Cuchí Burgos, titulada Santiago e o seu pasado. Albert proponnos unha analoxía de Santiago co propio Santiago tradicional, o Santiago histórico do que consideramos patrimonio da Humanidade, a súa anatomía, pero non a súa fisioloxía, que perdemos. A Estratexia Verde de Santiago sería unha proposta de recuperación dunha parte desa fisioloxía, a relacionada coa auga de escorrentía.

PONENTE

Albert Cuchí Burgos é Doutor Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. É profesor Titular do Departamento de Construcións Arquitectónicas I na Escola de Arquitectura do Vallès da Universidade Politécnica de Cataluña UPC.

As súas actividades académicas orientáronse cara á relación entre a arquitectura e a esixencia de sustentabilidade, tanto na xeración desta nova visión sobre o campo de traballo do arquitecto como na formulación de instrumentos que permitan aplicala. É Coordinador do Máster Universitario de Intervención Sostible no Medio Construído da UPC, e profesor do Máster Universitario Arquitectura, Enerxía e Medio Ambiente, así como no Máster Universitario en Ciencias e Tecnoloxía da Sustentabilidade, ambos da UPC. É membro da agrupación ‘Arquitectura i Sostenibilitat’ do Colexio de Arquitectos de Cataluña, e membro fundador de GBC España (Capítulo español do World Green Building Council), e é membro do Grupo de Traballo para a Rehabilitación GTR.

Ademais, é autor da Estratexia Verde para Santiago de Compostela (2010).

INSCRICIÓN
Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:
Mércores 13 de marzo de 2024

HORARIO:
19:30 a 21:00 horas

LUGAR:
Salón de actos do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Praza das Praterías, 2. Santiago de Compostela

Compartir