Atención colexial o 16 de maio, con motivo da ponte polo Día das Letras Galegas

11 maio 2022

Infórmase que o vindeiro luns 16 de maio, con motivo da celebración o martes 17 de maio do Día das Letras Galegas, deberanse ter en conta as seguintes indicacións con respecto á atención colexial en formato presencial, telefónico e telemático.  Lamentamos as molestias que estas circunstancias poidan causar.

Atención presencial o 16 de maio.

As oficinas colexiais das delegacións de Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol permanecerán pechadas, polo que só haberá atención presencial nas delegacións de A Coruña, Lugo e Santiago.

Atención telefónica.

O servizo de atención telefónica deberase empregar só para cuestións urxentes que non se poidan solucionar por medios telemáticos. 

Atención telemática.

Polos motivos expostos, recomendase que o vindeiro 16 de maio o contacto co COAG, se realice a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.

En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, podense realizar consultas sobre cuestións como:

No caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.

Compartir