Tal e como se indicou na circular 31/22, a partir do 1 de marzo a versión de escritorio de COAGEstudio deixará de estar operativa para a tramitación dos traballos profesionais no COAG. A partir desta data, haberá de utilizarse COAGEstudio na súa versión web.
Lembramos que até o 1 de marzo, as versións web e de escritorio poden utilizarse indistintamente.
Na web do Colexio atópanse dispoñibles diversos recursos sobre o funcionamento da aplicación web (vídeos de exemplo, manual, faq). A este material de apoio engadíronse recentemente dous novos recursos destinados a aqueles colexiados que tramitan actualmente coa versión de escritorio:
- Un vídeo no que se describen de forma sintética as principais diferenzas entre a versión de escritorio e a versión web.
- Un breve documento de preguntas e respostas máis frecuentes (faq) que se focaliza así mesmo nas diferenzas coa versión web.
Adicionalmente, co obxectivo de facilitar e apoiar no cambio a aqueles colexiados que están a utilizar a versión de escritorio, exponse celebrar unha breve xornada online (~35-40 minutos) sobre o funcionamento de COAGEstudio Web. Poderase participar en directo ou visualizala en diferido. Ademais, si existise o quórum suficiente, celebraríase esa xornada tamén en formato presencial nas delegacións correspondentes.
Por iso, co fin de coñecer a demanda e organizar as posibles sesións, pedímosche que, si é do teu interese, realices a túa preinscrición para esta xornada a través do seguinte formulario, antes do venres 27 de xaneiro ás 14:00 h.
Unha vez recibidas as preinscricións, comunicarase o calendario definitivo.
Moitas grazas pola túa colaboración.