Tal e como se anunciou na Circular 9 2018, a Xunta de Goberno acordou designar a un avogado como Delegado de Protección de Datos do COAG, establecendo un servizo gratuíto de consultas para os colexiados nesta materia ata o 31 de decembro de 2018.

Conforme ao devandito acordo, habilitarase, á maior brevidade posible, un servizo específico de consultas en materia de Protección de datos a través da plataforma de consultas colexial. Neste sentido, tamén se indica que o Colexio ten previsto realizar, entre outras, as seguintes actuacións en relación con esta materia:

  • Elaboración e difusión dunha “Guía de adaptación de estudos de arquitectura ao RGPD”.
  • Unha xornada informativa sobre o RGPD.

Máis información na Circular 9 2018.