Convocatoria dun proceso de selección para propoñer un equipo multidisciplinar conforme ao acordo de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia

0
Posted by / 5 junio 2020 / Categories: Activa, Circulares, coag, Emprego / -

O obxecto da convocatoria é a selección dun equipo para a verificación inicial dos requisitos da convocatoria das subvencións a entidades locais e particulares para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento dos bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago.

Tal e como se anuncia na Circular 11 2020, a presente convocatoria ten como finalidade a apertura dun procedemento entre os colexiados do COAG para a selección dun equipo de profesionais da arquitectura  e arqueoloxía necesario para o desenvolvemento, da verificación de que as memorias técnicas presentadas polas entidades locais e polos particulares se axusten aos requisitos da convocatoria da Axencia, así como á  normativa de patrimonio cultural e no anexo VIII da convocatoria ( artigo 11 da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020), que será posteriormente contratado pola Axencia.

O equipo a seleccionar deberá estar formado polos seguintes persoas (6 persoas en total):

  • Un (1) Arquitecto ou arquitecta responsable do contrato.
  • Catro (4) arquitectos ou arquitectas.
  • Un (1) arqueólogo ou arqueóloga.

O responsable do contrato será a persoa que presentará a candidatura do equipo ao proceso selectivo e, de ser seleccionado, sería contratado pola Axencia. (o posterior contrato poderá ser firmado coa Axencia de Turismo de Galicia polo arquitecto responsable persoa física ou pola persoa xurídica da que forme forme parte -sociedade-).

O prazo de inscrición rematará ás 23:59 horas do vindeiro 10 de xuño de 2020. 

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube