Enlace ao Recurso.
Recursos
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso contencioso administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de 29/01/2020 que desestima o recurso de reposición interposto contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo.
A Xunta de Goberno do COAG na súa sesión 2/2021, de 4 marzo, acordou presentar recurso de casación fronte á sentenza desestimatoria. Resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de 29/01/2020 que desestima o recurso de reposición interposto contra os...
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza desestima o recurso contencioso administrativo interposto polo COAG contra a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de novembro de 2019 que desestima contra a contratación do proxecto da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo
Resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de novembro de 2019 Recurso especial en materia de contratación interposto contra o anuncio e os pregos da contratación dun servizo para a redacción do proxecto da...
O concello de Lugo desestima o recurso de reposición interposto polo COAG contra o acordo da Xunta de goberno local 6/646 de aprobación da contratación do servizo da dirección de obra, dirección de execución material e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de construccion dun edificio de benestar social Aquilino Iglesia
Enlace á Escrito do Concello de Lugo Recurso de reposición interposto polo COAG
Sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo no Procedemento Ordinario nº 134/2020 derivado do recurso do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais contra una resolución do Concello de Vigo pola denegación dun Informe de Avaliación de Edificios dunha edificación residencial asinado por un enxeñeiro Industrial.
O Colexio de Arquitectos de Galicia foi emprazado polo concello como interesado no procedimento xudicial e compareceu e constituise en parte codemandada en defensa do estatuto competencial da profesión. RESUMO DA SENTENCIA A sentenza desestima un recurso do Colexio de...
O COAG interpón recurso de reposición en impuganción da licitación do Concello de Lugo para a contratación do Servizo de dirección facultativa das obras do Edificio de Benestar Social Aquilino Iglesia.
Enlace ao recurso.
O Concello de Bande desestimou o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para contratar os servizos de arquitectura para a redacción do proxecto técnico de execución de rehabilitación integral da Reitoral de Santa Comba, Bande.
Enlace á Resolución. Enlace ao recurso do COAG.
O COAG presenta recurso de reposición en impugnación da licitación do Concello de Bande para a adxudicación do contrato de servizos de arquitectura para a “ Redacción do proxecto técnico de execución da rehabilitación da Reitoral de Santa Comba, Bande” (número de expediente 1040/2020)
Os principais motivos de impugnación son o orzamento base de licitación, a falta de concreción dos valores mínimos de solvencia requiridos, os criterios de adxudicación e o prazo de execución. Enlace ao recurso
O Concello de Narón desestima o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para a adxudicación do Contrato de servizos de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de rehabilitación do Muíño de Xuvia
Enlace á resolución.
Resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia en relación ao Recurso especial do COAG en impugnación da licitación do Concello de Sada para adxudicar “Asistencia técnica para a redacción do Plan Especial de Protección, Ordenación, Infraestruturas e Dotacións de Veigue”.
O Tribunal comunica que o concello anulou a licitación. Enlace á resolución.