O COAG interpón un recurso de reposición en impugnación da licitación da Deputación de POntevedra para a adxudicación do contrato de servizos de asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución do traslado do parque central de maquinaria ao polígono de Barro-Meis (Fase I para a restauración ambiental da zona da Xunqueira)

Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)