O vindeiro venres, 24 de marzo, ás 10:00 horas na Fundación Laboral da Construción – Rúa Pontepedriña Arriba, nº 13 Santiago de Compostela, terá lugar a xornada de presentación da guía técnica “Solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual”.
A UE calcula que, no seu conxunto, os edificios son responsables do 40% do consumo enerxético da UE e do 36 % dos gases de efecto invernadoiro e sinala que o sector da construción pode incluso pasar de emitir carbono a reducilo si se utilizan materiais de construción orgánicos como a madeira.
Neste contexto, o 30 xullo de 2019 asinábase un Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) e a Universidade de Santiago de Compostela , mediante a Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (PEMADE) para a posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e promoción da madeira na construción. Ao abeiro deste Convenio desenvolveuse a Guía Técnica de solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual, unha guía que ten como finalidade divulgar aqueles traballos de grande calidade arquitectónica ou singularidade estrutural nos últimos anos en Galicia dando a coñecer: autores, solucións técnicas novas, produtos utilizados e empresas vinculadas ao sector da construción en madeira estrutural que participasen nas obras.
O obxectivo compartido da Xunta de Galicia e de PEMADE (USC) é dar a coñecer as posibilidades da construción con madeira estrutural e as calidades da mesma, especialmente desde un punto de vista técnico; de forma que o seu coñecemento promova unha maior demanda deste tipo de produtos e que, xunto coa competitividade en prezo por menor transporte e o incremento de concienciación sobre un consumo máis responsable, axude ao impulso da industria local para a fabricación de produtos de madeira técnica utilizando madeira de Galicia.
Prégase confirme a súa asistencia nesta ligazón.
24/03/2023 | 10:00h
XORNADA DE PRESENTACIÓN GUÍA TÉCNICA SOLUCIÓNS INNOVADORAS en MADEIRA ESTRUTURAL na arquitectura galega actual
Programa:
10:00 Benvida e Apertura do Acto
D. Jacobo Aboal Viñas. Director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)
Presentación da xornada
PEMADE-USC (Belén Feijóo)
Equipamento e Servizos_Obra Nova
10:30 Centro de Urxencias Extrahospitalarias da Laracha
Ezcurra e Ouzande Arquitectura
10:45 Edificio Impulso Verde
PEMADE-USC
11:00 Sede de Servicios Centrais FINSA
MRM arquitectos
Equipamento e Servizos_Rehabilitación
11:20 Ala Sur do Conxunto de San Domingos de Bonaval
Consorcio da Cidade de Santiago
11:35 Sede Institucional e de I+D+i da Universidade de Vigo
Abalo Alonso Arquitectos
11:50 Descanso / Café
Residencial Privado ou Público_Obra Nova
12:35 Vivenda Unifamiliar entre medianeiras
Pablo Falcón Arquitectura
12:50 Vivenda Unifamiliar Aislada SA
XL Arquitectos
Residencial Privado ou Público_Rehabilitación
13:10 Casa Pris e Casa do Olvido
Arrokabe Arquitectos
13:25 Pensión vinculada ao Peregrino Abeiro da Loba
Estévez e González Arquitectos
13:40 Reconstrución de vivenda en Saa
Mol Arquitectura
14:00 Clausura
D. José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural
14:15 Petisco
Fundación Laboral da Construción (antiga Curtiduría de Pontepedriña), Rúa Pontepedriña Arriba, No13, Santiago de Compostela