O obxectivo deste curso é, dende un enfoque eminentemente práctico plantexar os fundamentos da rehabilitación das estruturas de madeira. O contido deste curso profundiza e amplía o apartado de rehabilitación exposto polo profesor Manuel Touza no curso de Introducción ás estruturas de madeira, desenvolvido nos pasados meses de setembro e outubro
Plantearanse os principios de diagnose de patoloxías en estruturas de madeira e expoñeranse varios exemplos de intervención repasando así mesmo as tipoloxías estruturais máis habituais presentes en Galicia.
Estes contidos complementaranse ca explicación in situ das intervencións levadas a cabo no Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo e o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Teremos a posibilidade de coñecer estas actuacións e aprenderemos a forma e manexo de ferramentas de medición especializadas.
Estas visitas serán gravadas, de maneira que sexa posible asistir presencialmente ou visualizalas en diferido.
O curso estruturarase nos seguintes bloques temáticos:
- XORNADA 1: DIAGNOSE DE PATOLOXÍAS EN ESTRUTURAS DE MADEIRA. HISTORIA CONSTRUTIVA E EXEMPLOS DE INTERVENCIÓN.
- XORNADA 2: EXEMPLOS DE INTERVENCIÓN (CONTINUACIÓN) TIPOLOXÍAS ESTRUTURAIS MAIS HABITUAIS EN REHABILITACIÓN.
- XORNADA 3: XORNADA PRÁCTICA. VISITAS A DOUS EDIFICIOS REAIS.
Matrícula e prezos
Existirán dúas modalidades de matrícula:
- Participando na visita presencial. O aforo está limitado a 30 plazas, que se asignarán por rigurosa orde de matriculación.
- En diferido: As visitas serán gravadas. A gravación porase a disposición dos alumnos a través da plataforma web do curso.
O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. Os prezos para ambas modalidades son:
- Matrícula ordinaria: 60 euros
- Arquitectos colexiados: 30 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 15 euros
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Certificado de aproveitamento.
- O curso desenvólvese en modalidade online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 12/11/2023 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do domingo 12/08/2023 ata o mércores 15/11/2023 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
- Matrícula con visitas presenciais: [+ matriculación e programa completo do curso]
- Matrícula con seguimento das visitas en diferido: [+ matriculación e programa completo do curso]