O martes 7 de novembro, ás 19:30 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia Sitopia: como os alimentos poden salvar o noso territorio, que será impartida pola arquitecta e investigadora británica, Carolyn Steel, figura de referencia a nivel global no eido da relación entre a comida e as cidades e autora dos libros Hungry City (2008) e Sitopia (2020); publicados en España como Ciudades hambrientas (2020) e Sitopía (2022). Dúas obras que resultan esenciais para comprender de que maneira as formas de producir os alimentos moldean as nosas cidades, así como tamén as implicacións da nosa forma de consumir alimentos na saúde das mesmas.
Esta conferencia forma parte de Sitopías, un ciclo de debates de carácter multidisciplinar que, dende a arquitectura, ten como obxectivo abordar a importancia dos sistemas alimentarios de proximidade para a saúde do territorio e para a saúde humana, así como a importancia de recuperar e protexer un dos patrimonios máis valiosos de Galicia que é o seu metabolismo social tradicional. Isto implica impulsar e revalorizar a produción de proximidade e os mercados de abastos e, asemade, desenvolver as infraestruturas locais complementarias e os novos enfoques de planeamento que son necesarios para este fin.
O ciclo Sitopías está impulsado pola Asociación cultural Flor de Santiago e por profesorado do DPAUC, Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da ETSAC e está financiado pola Asociacion cultural Flor de Santiago, grazas aos fondos competitivos da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro da Deputación da Coruña. A conferencia é posible tamén grazas á colaboración do sociólogo e experto internacional en soberanía alimentaria pola UNIA, José Luis Fernández Casadevante, membro da Cooperativa sen ánimo de lucro Garúa, así como autor, xunto a Nerea Morán, do prólogo do libro Ciudades hambrientas (2020).
Directores do ciclo Sitopías: Ruth Varela e Emilio Rodríguez Blanco
Comité científico: Ruth Varela, Emilio Rodríguez Blanco, Ángeles Santos Vázquez, Enrique Seoane Prado e Miguel Serrano Pérez.
Síntese
Vivir hoxe nunha cidade implica que pode ser difícil “ver” a comida. A industrialización foi ocultando as complexas cadeas de subministro que transportan as nosas fabas, sardiñas e cenorias dende a terra e o mar cara os nosos supermercados, cafés, cociñas e mesas. Non obstante, vexámolo ou non, a influencia da comida está en todas partes: nos nosos corpos, hábitos, fogares, cidades, paisaxes, política, economía e clima. Vivimos nun mundo moldeado pola comida, un lugar que eu chamo “sitopía” (do grego sitos, comida + topos, lugar). Agora ben, ao non valorar os alimentos, temos creado unha mala sitopía que ameaza o noso futuro no planeta. O cambio climático, a deforestación, a erosión do solo, o esgotamento da auga, a contaminación, a extinción masiva, as enfermidades relacionadas coa dieta e as pandemias zoonóticas son só algunhas das “externalidades” da forma en que comemos agora. As nosas vidas baséanse na ilusión de alimentos baratos, cando en realidade non existen. Porén, hai un remedio: devolvendo aos alimentos o seu verdadeiro valor e aproveitando o seu poder para o ben, podemos reequilibrar a nosa relación coa natureza e entre nos. Sitopía non é utopía; pero valorando os alimentos e moldeando conscientemente o mundo a través deles, podemos achegarnos ao soño utópico de construír unha sociedade sa, xusta e resistente.
Síntese (texto orixinal en inglés)
Living in a modern city, it can be hard to ‘see’ food. Industrialisation has obscured the complex supply chains that transport our beans, sardines and carrots from land and sea to our supermarkets, cafes, kitchens and tables. Whether or not we see it, however, food’s influence is everywhere: in our bodies, habits, homes, cities, landscapes, politics, economics and climate. We live in a world shaped by food; a place I call ‘sitopia’ (from Greek sitos, food + topos, place). Yet by failing to value food, we’ve created a bad sitopia – one that now threatens our very future on the planet. Climate change, deforestation, soil erosion, water depletion, pollution, mass extinction, diet-related disease and zoonotic pandemics are just some of the ‘externalities’ of the way we now eat. Our lives are built on the illusion of cheap food, when in reality so such thing exists. Yet there is a remedy: by restoring food’s true value and harnessing its power for good, we can rebalance our relationship with nature and with one another. Sitopia is not utopia; but by valuing food and consciously shaping the world through it, we can come close to the utopian dream of building a healthy, fair and resilient society.
Carolyn Steel
Carolyn Steel é unha destacada pensadora nos eidos que relacionan a alimentación e as cidades. Arquitecta e académica afincada en Londres, os seus premiados libros Hungry City: How Food Shapes Our Lives (2008) e Sitopia: How Food Can Save the World (2020) teñense traducido a 15 idiomas e o seu concepto de “sitopia” (lugar da comida) obtivo recoñecemento internacional nunha amplia gama de campos académicos, do deseño, a industria e as artes. Dende que estudou arquitectura na Universidade de Cambridge, Carolyn ten impartido clases e conferencias en varias universidades, entre elas Cambridge, London Metropolitan, Wageningen, Aeres e Slow Food (Pollenzo), así como na London School of Economics, onde foi Directora do primeiro Programa “Cities”. Directora non executiva de Kilburn Nightingale Architects, Carolyn é unha conferenciante solicitada en todo o mundo, e a súa charla TEDGlobal de 2009 ten recibido 1,4 millóns de visitas. www.carolynsteel.com
DATA:
Martes 7 de novembro 2023 – 19:30 horas
LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
ORGANIZAN O ACTO:
Delegación de A Coruña do COAG
Asociación cultural Flor de Santiago
COLABORAN:
Unidade de investigación pARQc, ETSAC, UDC
ETSAC
SUBVENCIONAN:
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña
Nota importante: A conferencia será impartida en inglés e contará con tradución simultánea a cargo da escritora e tradutora galega María Reimondez.