O Consello de Arquitectos de Europa (CAE), está a levar a cabo o seu quinto estudo sobre a profesión de arquitecto. Estes estudos realízanse cada dous anos e permiten facer un seguimento da transformación que sofre a profesión á luz das cambiantes circunstancias económicas. Para a realización do mesmo, é necesario solicitar información da profesión de arquitecto en todos os países europeos e en todas as actividades. Por iso, o CAE solicita información sobre o estudo de arquitectura e o xefe do estudo, ademais de coñecer as opinións deste último. A información tratarase de maneira confidencial e só utilizarase para fins estadísticos.
Comentarios recientes