O ProxectoTERRA celebra o sábado 28 de novembro, ás 10:00 h, na sede do COAG en Santiago de Compostela, unha nova xornada de XEL (Xentes, Espazos e Lugares) baixo o título «A natureza que habitamos. Do patio escolar ao espazo urbano».
XEL é o programa de divulgación do ProxectoTERRA, aberto a toda a cidadanía. Propón relatorios e visitas para mirar desde distintas disciplinas os lugares onde desenvolvemos a nosa vida.
Nesta ocasión, a xornada reflexionará sobre a importancia da natureza nos espazos que habitamos a diario, dende os patios escolares ata as rúas, prazas e espazos públicos das nosas cidades e vilas. Tamén se preguntará como renaturalizalos para vivir mellor. A mañá terá lugar na sede do COAG, con dous relatorios a cargo de profesionais da paisaxe e da educación. Despois, visitaremos pola cidade dous espazos onde a natureza forma parte da vida cotiá: unha escola infantil histórica e as hortas municipais.
A infraestrutura verde urbana é un sistema dinámico, suxeito a ciclos biolóxicos e a procesos de crecemento e transformación, cuxo funcionamento depende tanto da planificación e do deseño como dunha xestión e un mantemento continuados no tempo. Desde esta perspectiva, proponse un diálogo entre quen planifica o territorio, quen proxecta os espazos, quen os activa a través da educación e quen os xestiona e mantén día a día. A integración destas miradas permite abordar a paisaxe urbana non como un produto acabado, senón como un proceso evolutivo e compartido, no que a planificación, o deseño, o uso e o mantemento son fases interdependentes dun mesmo proxecto e condición indispensable para garantir a súa calidade, funcionalidade e os servizos ecosistémicos que presta á cidade.
Data: sábado 28 de novembro de 2026
Lugar: sede do COAG, praza da Quintana, Santiago de Compostela
Actividade gratuíta con inscrición obrigatoria.
Programa
10:00 h · Relatorio «Plan Director de zonas verdes e espazo público de Santiago de Compostela» Francisco Mesonero, paisaxista e enxeñeiro agrónomo (Aldayjover).
11:00 h · Relatorio «Bosque escolas. As escolas onde as árbores xogan» Paz Gonçalves, docente da UDC e fundadora de Amadahi.
12:30 h · Visita á Escola Infantil Santa Susana Edificio de Antonio Palacios de 1909, con Óscar Andrés, arquitecto (Arrokabe).
14:00 h · Xantar Xantar no Café Bar Ferradura, no Parque da Alameda.
16:00 h · Visita ás hortas municipais do Campo das Hortas con Gregorio López, xardineiro e responsable de Parques e Xardíns do Concello de Santiago de Compostela.
Agardamos contar coa vosa presenza nesta xornada, aberta tanto a colexiados e colexiadas como a toda a cidadanía
Formulario de inscrición: https://forms.gle/KWhiJs6XQ4TfmRkf8
Máis información: proxectoterra.actividades@coag.es · proxectoterra.coag.es
