Ola a todos!
Váisenos terminando leste este ano 2026 e encantaríanos compartir convosco unha festa especial. Como xa é tradición, reuniriámonos para celebrar xuntos nun ambiente informal cunha cea tipo cóctel no Restaurante El Juliana.
Data: Xoves, 10 de decembro 2026
Hora de inicio: 21.00 horas.
Situación: Restaurante El Juliana (Salón)
Terraza Mercado Progreso, Rúa da Rolda de Don Bosco, 41 .Vigo.
Menú cóctel
Entrantes:
- Xamón de adega cortado a coitelo.
- Selección de queixos con acompañamentos.
- Empanada artesá de bonito e algas.
- Gyozas de verduritas con salsa teriyaki.
- Croquetas de chacina e queixo San Simón.
- Vasiño de crema de allo porro e gambón,
- Tartaleta de salmón, aguacate e xema curada.
- Carrilleras de porco ao viño tinto con pataca estofada.
Sobremesa:
- Crema de queixo e confeitura de froitos vermellos.
- Mouse de chocolate, améndoa garrapiñada e amorodo.
Bebidas:
- Auga, refrescos e cervexa
Viños:
- Albariño ou Rioxa
Prezo cea arquitectos/as e xubilados Delegación de Vigo: 20€
Prezo cea acompañantes: 45 €
Prazo de inscrición ata o mércores 2 de decembro, a través do seguinte FORMULARIO.
Anímate e non o perdas
