Mércores 24 de Xuño, 9,45 h.
lugar: Centro Issga de Ourense
C/ Villaamil e Castro s/n 32004, Ourense.
Esta Xornada Técnica teñe como obxectivo difundir a importancia da integración da prevención e da coordinación nas obras de construción, tomando para elo como base o documento elaborado polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) “Directrices Básicas para a integración da prevención dos riscos laborais nas obras de construción”.
A xornada iniciarase coa intervención do Subdirector Técnico do INSHT e coordinador do documento, Pablo Orofino Vega, que falará, en primeiro lugar, sobre as directrices básicas para a integración da prevención dos riscos laborais nas obras de construción, onde abordará temas relacionados coa estrutura xeral do documento e os seus aspectos mais relevantes que pasan polo inicio das actuación e deseño da obra, a contratación, a planificación dos traballos, a execución e a finalización, con unhas consideracións comúns a todo o proceso construtivo. Para rematar informará sobre as liñas de traballo que ten en marcha neste momento o INSHT en relación coas obras sen proxecto e a coordinación de actividades empresariais.
A segunda parte da xornada iniciarase coa intervención do técnico do Issga Fco. Javier Nores Quesada, que falará sobe a PRL na microempresa construtora, coa súa problemática específica, que abarca unha grande porcentaxe de emprego no sector na nosa comunidade autónoma.
A continuación J. Manuel Blanco Montero, do Servizo de Prevención de Acciona, dará o punto de vista dunha empresa construtora grande no ámbito da integración e a racionalización en PRL.
Para finalizar darase paso a un coloquio, tras o que o Subdirector xeral técnico e de planificación do ISSGA, Fernando González Abeijón, pechará a xornada.
máis información na páxina
http://issga.xunta.es/…/fo…/xornadas/ourense/curso_0002.html