UIMP Coruña 2017. Juegos y espacios como instrumentos educativos

,

ir a portada canal COAG

Universidad Internacional Menéndez Pelayo Curso de Verán 2017: Xogos e Espazos como Instrumentos Educativos A Coruña. Do 10 ao 14 de xullo na Fundación Luis Seoane.

O curso propón xeitos de traballar en Educación Infantil co medio no que desenvolvemos a nosa actividade docente. Neste senso o curso aliñase coa célebre aseveración de Loris Malaguzzi “O espazo é o terceiro educador”.

O xogo é o xeito esencial no que se desenvolve a aprendizaxe na Educación Infantil e acompañanos ao longo de toda a nosa vida, polo que debemos educar no xogo e a través do xogo.

No curso:

  • Analizáronse as posibilidades pedagóxicas dos espazos como instrumentos educativos nas primeiras etapas da educación.
  • Identificáronse os items que determinan unha correcta intervención educativa coa presenza de elementos construidos.
  • Propuxéronse modelos de intervención de educación e arquitectura no ámbito formal e non formal.
Skills

Posted on

13 febreiro 2018