Tejas Verea – Segunda edición dos Premios de arquitectura

13 maio 2025

Os Premios Internacionais de Arquitectura Cubertas Tejas Verea é un certame organizado por Tejas Verea en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Está dirixido a profesionais da arquitectura para distinguir obras ou solucións destacadas en cubertas realizadas con tellas cerámicas Verea.

A segunda edición dos Premios distinguirá obras finalizadas entre xaneiro do 2021 a decembro de 2024 con cuberta inclinada de tella cerámica, valorando positivamente aquelas que fosen instaladas utilizando o Verea System.

Categorías dos premios:
• Gama Eternal (uso de tella cerámica desta gama de produtos Verea).
• Gama Clásica (uso de tella cerámica desta gama de produtos Verea).

Premios:
• Gama Eternal: 3.000€.
• Gama Clásica: 3.000€.

Así mesmo, realizarase unha mención especial os proxectos con novos usos das tellas cerámicas Verea en traballos de señaléctica, revestimentos verticais, deseño interior e/o exterior.

Destinatarios e condicións de participación:
• Poderán participar arquitectos e arquitectos técnicos que traballen por conta propia, en empresas privadas ou institucións públicas, tanto en España como no estranxeiro, así como sociedades profesionais e institucións públicas do sector.
• Na categoría de mención especial, para traballos de señaléctica, deseño interior e/o exterior, poderán participar decoradores e outros profesionais.
• Poderán optar ao Premio obras de nova planta de uso público ou privado, reformas e rehabilitacións.
• As obras deberán utilizar na cuberta tella cerámica Verea e valorarase positivamente que fose colocada segundo o sistema de instalación Verea System (DIT 622p/22)

Prazo de presentación das candidaturas:
O prazo límite para a inscrición e presentación da documentación é o xoves 11 de setembro de 2025, antes das 24.00 horas.

Bases do concurso (descarga PDF)

Máis información.

Compartir