Debido ao novo prazo establecido pola Xunta de Galicia para recibir candidaturas aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2025, o COAG amplia o prazo establecido para que os seus colexiados presenten as súas candidaturas aos Premios, así como o número de propostas que se poden presentar por categoría e autor.
NESTE SENTIDO, O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS, AMPLÍASE ATE AS 12:00 H. DO VINDEIRO LUNS 2 DE XUÑO.
Modifícase o procedemento colexial establecido para a presentación de candidatura, determinando que cada arquitecto ou sociedade profesional, só poderá figurar como autor en dúas obras por categoría.
Lémbrase que a convocatoria da Xunta de Galicia, establece que só as institucións que formen parte do xurado poden presentar candidaturas. Por este motivo, o COAG, como integrante do xurado, estableceu procedemento para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios. Todas as propostas que se reciban, sempre e cando cumpran cos requisitos da convocatoria e do procedemento, serán presentadas como propostas aos premios por parte do COAG.
As propostas deberán ser achegadas a través da web do COAG, a través da plataforma online de Premios: