Fallados os Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023

7 Out 2023

Fallada a cuarta edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia. Estes premios supoñen o recoñecemento á calidade das edificacións rematadas nos anos 2020, 2021 e 2022, tanto de obra nova como de rehabilitación. Cabe destacar, así mesmo, os dous premios especiais: o de sustentabilidade e á traxectoria profesional; o primeiro busca destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co ambiente, en consonancia cos programas desenvolvidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en especial a Estratexia Galega de cambio climático e Enerxía 2050, as Directrices de Ordenación do Territorio e a Estratexia da Paisaxe galega. O premio á traxectoria profesional pretende ser un recoñecemento da especial contribución á arquitectura no territorio galego por parte das persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas.

Premiados

Premio á Traxectoria Profesional

Premio especial á traxectoria profesional na categoría de arquitecto: D. Pedro de Llano Cabado

Premio especial á traxectoria profesional na categoría de arquitecto:

D. Pedro de Llano Cabado

Premio especial á traxectoria profesional na categoría de aparellador ou arquitecto técnico: D. Carlos Jorreto Veiga

Premio especial á traxectoria profesional na categoría de aparellador ou arquitecto técnico:

D. Carlos Jorreto Veiga


Premio galego de arquitectura

CORNES ESPAZO RESIDENCIAL
MANUEL CARBAJO CAPEANS | CELSO BARRIOS CEIDE
As edificacións desenvolven un conxunto residencial composto por 125 vivendas, garaxes e rochos, que durante o proceso de proxecto e posta en obra permitiron desenvolver 39 tipoloxías diferentes de vivenda tanto nunha única planta como en formato dúplex. O conxunto non conta con usos diferentes do residencial. Complementariamente ás vivendas disponse un espazo libre de uso público e catro espazos comunitarios cubertos: unha sala infantil, un ximnasio, un salón comedor e un aparcamento de bicicletas.

FICHA


Premio galego de rehabilitación

ESPAZO AMIZAR. REHABILITACIÓN EDIFICIO ADMINISTRATIVO PARA XUNTA DE GALICIA.
IGLESIAS Y VEIGA ARQUITECTOS SLP | MANUEL VAZQUEZ MUIÑO
Rehabilitación integral da antiga Sede de Sanidade na Coruña (edificio do ano 1971) para destinala a edificio administrativo para a Xunta de Galicia. Edificio formado por dous volumes: prisma e óvalo. A intervención parte da idea de crear un novo espazo público, xerando unha nova praza aberta para goce da cidadanía, por onde se realiza o acceso ao edificio. Créase un novo núcleo de comunicacións, aseos e locais técnicos na intersección dos dous volumes, deixando o resto de espazo como unha zona de traballo aberta e diáfana.

FICHA


Premio especial á sustentabilidade

DA GANDERÍA INTENSIVA Á EXTENSIVA. UN CEBADEIRO DE GANDO QUE REXURDE
ALFONSO SALGADO SUAREZ | FRANCISCO XABIER LIÑARES TUÑEZ
Acudimos a La Fonsagrada con el encargo inicial de complementar un restaurante situado en El Camino de Santiago con cabañas para alojamiento de viajeros, en alguna de las parcelas aledañas al restaurante.
Pero en una parcela cercana, sobre la suave ladera que domina el valle, permanece una antigua construcción, sin uso, abandonada, propia de tiempos pretéritos de ganadería intensiva.… Y convencemos al cliente para que la rehabilite para el nuevo uso.

FICHA


HORTA E INVERNADOIRO NO CULLER DE PAU
PRIETO PATIÑO ARQUITECTURA SLP
Horta e invernadoiro no restaurante Culler de pau.

FICHA


VIVENDA UNIFAMILIAR EN CELANOVA
MANUEL JORRETO DIAZ
Polígono 66 Parcela 476 SOUTOVERDE CELANOVATrátase dunha vivenda certificada passivhaus de consumo enerxético case nulo, desenvolta en planta baixa, todos os espazos vivideros oriéntanse ao sur para mellorar o soleamiento, as aperturas teñen un sistema de contraventás practicables e un pequeno beirado para protección solar, a fachada norte que dá ao vial de acceso está practicamente pechada por completo, exponse un garaxe –espazo polivalente aberto situado na zona oeste da parcela, semienterrado e fóra da envolvente enerxética.

FICHA


Mencións

Mención en Premio de arquitectura 2023

SURF_HOUSE
DOSESMAS ARQUITECTOS, S.C.P. ALVARO MARÍN DURÁN | ALFONSO CASTRO LORENZO |
O xurado destaca a calidade arquitectónica desta obra que destaca pola fluidez dos espazos interiores e conxuga a sinxeleza e a exquisitez a través do uso de materiais tradicionais, da calidade do deseño construtivo e da forma de abordar a relación dunha edificación nova coa paisaxe na que se insire de xeito natural e que contribúe, de xeito fundamental, a enriquecer a percepción espacial dos espazos interiores da vivenda.

FICHA


AUDITORIO E ESCOLA DE MÚSICA DO GROVE
ALFREDO VAZQUEZ VARELA | ALDARA VÁZQUEZ BOLUDA
Nesta obra o xurado destaca a adaptación a un entorno especialmente complexo. O edifico que, no seu interior, resolve perfectamente os requirimentos funcionais específicos para os que foi construído, e quen -malia a endiañada topografía do emprazamento- de xerar un espazo exterior versátil, de calidade e coherente co carácter do propio edificio que participa dos valores plásticos da edificación e dignifica unha contorna urbana de abigarrada complexidade…

FICHA


Mención en Premio Galego de Rehabilitación 2023

BERBÉS UVIGO
ABALO ALONSO ARQUITECTOS
Nesta obra, o xurado valora que se trata dun edificio dotacional, innovador no uso descarado da madeira e dunha complexidade estrutural e morfolóxica notable, cun importante peso da memoria histórica da cidade.

FICHA


CENTRO DE DOCUMENTACIÓN AMBIENTAL DOMINGO QUIROGA
FERNANDO | LUZ | MARTA
O xurado  destaca que se trata dunha intervención contida economicamente e tamén en escala, que podería servir de exemplo para intervención comedidas en espazos dotacionais de pequena escala en toda Galicia.

FICHA


REHABILITACION E AMPLIACION DE EDIFICIO PARA DÚAS VIVENDAS DUPLEX E GARAXE
O xurado destaca a calidade arquitectónica desta intervención que se integra perfectamente no entorno do castelo mediante o uso da madeira e o respecto da edificación orixinal da que parte e que amplía con discreción acadando unha harmonía entre o novo e o vello entre a funcionalidade e a conservación.

FICHA


Premio especial a sustentabilidade

Non hai mencións para esta categoría

Finalistas

Consulta os finalistas de todas as categorías neste ENLACE.

Compartir