Novas anteriores
Publicado listado de admitidos_Curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP
O pasado domingo, día 20 de setembro de 2026, finalizou o prazo de matriculación establecido na convocatoria oficial do curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura que o Colexio de Arquitectos organiza en colaboración coa Escola Galega de Administración...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de setembro de 2026
No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de setembro de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así como en trámite de avaliacións...
Xornadas “Oficio, arquitectura e territorio”. Os Casares (San Cristovo de Mouricios, Chantada – Lugo)
As xornadas Oficio, arquitectura e territorio buscan crear un espazo de encontro entre a arquitectura e os oficios ligados á construción, así como incidir na relación das culturas construtivas locais co carácter propio de cada paisaxe e de cada territorio: dende as...
Conferencia Nuno Melo Sousa – Ciclo Próximos 2026 – 25 de setembro
Dende a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia comprácenos anunciar o derradeiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que celebra este ano a súa sexta edición. A última conferencia terá lugar o vindeiro venres 25 de setembro. Este ciclo nace...
Aberta a matrícula no curso de Contratación Pública de Traballos de Arquitectura COAG EGAP
Onte, martes día 9 de setembro publicouse no DOG a convocatoria oficial do Contratación Pública de Traballos de Arquitectura, que se desenvolverá no marco de colaboración subscrito entre o COAG e a EGAP [+ enlace á convocatoria]. En base a dita convocatoria, dende as...
Regulamento das condicións básicas de accesibilidade cognitiva
No BOE de 3 de setembro de 2026, publicouse o Real Decreto 707/2026, do 2 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de condicións básicas de accesibilidade cognitiva. Esta norma establece os requisitos mínimos de seguridade, orientación e comprensión na contorna...
Concello de Pontevedra – Unha praza de Arquitecto/a
No BOE de 9 de setembro publícase a convocatoria do Concello de Pontevedra de varias prazas, entre as que figura unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, polo sistema de oposición, en turno libre....
O Museo do Pobo Galego acolle a xornada aberta “Amizade en torno a Baltar” o vindeiro 8 de setembro
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) convida a toda a cidadanía a participar na xornada "Amizade en torno a Baltar", que se celebrará o vindeiro 8 de setembro no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Esta cita inscríbese no...
Conferencia de Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos
O mércores 23 de setembro, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Salgado e Liñares: 25 anos – 25 proxectos que será impartida polos arquitectos Alfonso Salgado e Francisco Liñares, do estudio...
Conferencia Ameneiros Rey – Ciclo Próximos 2026 16 de setembro
Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos comprácenos anunciar, tras o período estival, o terceiro relatorio do ciclo Próximos 2026, que terá lugar o vindeiro mércores 16 de setembro. Este ciclo, que celebra a súa VI edición, pretende dar a...
Curso General de Espacio Público
La entidad Ciudades que Caminan nos anuncia la celebración de este curso para reflexionar y aprender sobre cuestiones teóricas y prácticas relacionadas con el espacio público aplicando una óptica interdisciplinar desde los ámbitos de la planificación urbanística, el...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de agosto de 2026
No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de agosto de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas...
#COAGconta: Eficiencia enerxética. Introducción de bombas de calor con datos reais.
O próximo 17 de setembro, por razóns organizativas nesta ocasión xoves en lugar dos mércores habituais, ás 12:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale, arquitectos do servizo de asesoramento en materia de aforro de enerxía e rehabilitación...
Informe sobre as axudas á vivenda Actualizado 01 | 09 | 26
Actualizado 01 | 09 | 26 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios...
Deputación da Coruña – lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña
No BOP-A Coruña de 1 de setembro, publícase o anuncio da Deputación provincial da Coruña de Apertura do prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo destinado á elaboración dunha lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para...
Últimos días_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca
En relación coa convocatoria, publicada na Plataforma de Contratación do Estado, do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta...
Atlantía | Dispoñible a gravación da mesa redonda con Anna Bofill e Isabel Aguirre, moderada por Teresa Táboas
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da última sesión de Atlantía, cunha mesa redonda entre Anna Bofill e Isabel Aguirre, moderada por Teresa Táboas. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do...
Apertura da plataforma para a presentación de candidaturas aos Premios “Gran de Area 2026”
Infórmase da apertura da plataforma de presentación de candidaturas da edición 2026 dos premios Gran de Area de Arquitectura. O prazo de presentación rematará ás 23:59 horas do 25 de setembro de 2026. As bases e o enlace para as candidaturas poden consultarse na...
Concello de Xermade – Bolsa de emprego persoal funcionario interino Arquitecto/a
No BOP-Lugo de 25 de agosto publícase o anuncio do Concello de Xermade da Convocatoria bolsa emprego arquitecto/a. Expte. 585/2026. Por Decreto da Alcaldía núm. 2026-0335 de data 20/08/2026 foron aprobadas as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a creación...
Miño a través dos sentidos: percorridos paisaxísticos nas sendas do municipio
Miño a través dos sentidos é unha proposta divulgativa de percorridos paisaxísticos guiados polas sendas municipais de Miño. A actividade permite descubrir os valores ambientais, culturais e de deseño destes espazos a través da experiencia directa, da interpretación...
Convocatoria de Axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas ARI dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra
No DOG de 21 de agosto, publícase a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2026 pola que se procede á convocatoria do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para o ano 2026...
Concello de Pontevedra – Unha praza de Arquitecto/a
No BOP-Pontevedra de 20 de agosto publícase o anuncio polo que se convocan os procesos selectivos e se da publicidade ás bases xerais e específicas que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na...
Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Vero Sánchez, de N´undo Arquitectura
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Vero Sánchez, de N´undo Arquitectura. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións...
Concello de Cee – Bolsa de emprego persoal funcionario interino Arquitecto/a municipal a xornada parcial
No BOP-A Coruña de 13 de agosto, publícase o anuncio do Concello de Cee de Aprobación bases reguladoras para a formación dunha bolsa de emprego mediante concurso oposición para atender as necesidades de nomeamento de persoal funcionario interino na praza de...
Concello de Cee – Bolsa de emprego persoal funcionario interino arquitecto/a municipal
No BOP a Coruña de 13 de agosto, aparece o anuncio do Concello de Cee coa Aprobación bases para a formación dunha bolsa de emprego mediante concurso oposición para atender as necesidades de nomeamento de persoal funcionario interino na praza de arquitecto/a municipal....
Publicación da Lei 2/2026, de 29 de xullo, e a Pasarela ao RETA para Arquitectos Mutualistas
Tras a publicación no BOE da Lei 2/2026, do 29 de xullo, establécese o marco legal para a integración voluntaria dos profesionais mutualistas no sistema público da Seguridade Social. Queremos recordar que a pasarela aínda non está operativa. O Goberno dispón dun prazo...
Premios Gran de Area 2026
Infórmase da convocatoria da edición 2026 dos premios Gran de Area de Arquitectura. O prazo de presentación de candidaturas rematará ás 23:59 horas do 25 de setembro de 2026. A plataforma de presentación de candidaturas abrirase próximamente. As bases e o enlace para...
Sentenza do Tribunal Supremo que fixa doutrina sobre a competencia profesional para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda.
Infórmase que, tal é como se indicou na circular 12/2026, o Tribunal Supremo ditou a sentenza nº 700/2026, do 4 de xuño, que establece como doctrina a competencia exclusiva de arquitectos para intervencións en edificios cando se cambien os usos característicos, aínda...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2026
No apartado Boletíns de normativa da web colexial, pódese acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2026 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así como en trámite de avaliacións ambientais estratéxicas abertas,...
Resultado do proceso de selección para a contratación temporal, en réxime laboral, dunha persoa colexiada como persoal adscrito á área técnica na delegación de Santiago
Tras finalizar o proceso de selección para a contratación temporal de persoal técnico na Delegación de Santiago do COAG, infórmase que a colexiada Paula Alfonso Laya resultou seleccionada para cubrir a praza. O proceso completouse coa realización das correspondentes...