O xoves 8 de outubro, ás 17:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar o debate: Brutalismo e brutalistas no que participarán os profesores Jorge Meijide Tomás, Andrés Fernández-Albalat Ruíz, Luz Paz Agras, Fernando Agrasar Quiroga e Paula Fernández Gago.
Síntese
«O proxecto da escola en Hunstanton dos Smithson (1950), xunto á publicación do texto “The New Brutalism” (1955), do crítico da arquitectura británico Reyner Banham (1922-1988), prenderon a mecha dun novo xeito de impulsar o legado do Movemento Moderno. Esta idea arquitectónica, tan necesaria sete décadas despois, atópase na actualidade diluída nunha confusa e estéril etiqueta estilística, a de Brutalismo. De feito, sobre o perigo desta denominación xa advertira no seu momento o propio Banham». Trátase pois de lanzar o debate arredor dunha idea arquitectónica, e dos seus referentes, para clarificar un episodio da historia da arquitectura que chega até o presente.
Currículos
Jorge Meijide Tomás, Profesor da Área de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Andrés Fernández-Albalat Rúiz, Profesor da Área de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Luz Paz Agras, Doutora arquitecta e Profesora titular da Área de Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Fernando Agrasar Quiroga, Doutor arquitecto e Profesor titular da Área de Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Foi Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
(2011-2019)
Paula Fernández Gago, Doutora arquitecta e Profesora titular da Área de Proxectos de Enxenería da Escola Universitaria de Deseño Industrial da UDC.
DATA
Xoves 8 de outubro de 2026– 17:00 horas
LUGAR
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
ORGANIZAN:
Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Concellería de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña
ETSAC, UDC
COLABORA
Asociación cultural Flor de Santiago
