Os próximos 16 e 17 de outubro de 2026 terá lugar en Mondariz-Balneario a celebración do I Seminario Atlántico “Arquitecturas de referencia”.
Na súa primeira edición, este seminario busca ser un referente na difusión dos valores e achegas da arquitectura mediante a exposición e o debate das obras resultantes dos concursos en Galicia e no norte de Portugal. Con este evento, inaugúrase un encontro fundamental de obra recente enfocado en todo o eixo atlántico ibérico.
Neste encontro, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Ordem dos Arquitectos Secção Regional do Norte, baixo o título “Arquitecturas de referencia”, presentan como a arquitectura contemporánea intervén en diferentes ámbitos ao longo de cinco mesas temáticas:
- Espazo público
- Espazos para a saúde
- Espazos dotacionais
- Patrimonio e intervención
- Vivenda colectiva
O I Seminario Atlántico propón unha ollada transversal sobre os modos de habitar, deseñar e construír o territorio. O eixo atlántico ibérico é unha realidade extensa, fragmentada e complexa que será obxecto de análise e debate.
- Datas: 16 e 17 de outubro de 2026 (Acto de presentación o venres a las 11:00 h).
- Localización: Mondariz Balneario.
- Ligazón: Inscrición no seguinte [LIGAZÓN].
O aforo é limitado, sendo precisa a inscrición previa. A inscrición inclúe os coffee breaks e o xantar do venres.
