No DOG de 16 de marzo, publícase a RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2023 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (código de procedemento VI420A).
Esta resolución ten por obxecto convocar para o exercicio 2023, con financiamento plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) que, no momento de presentar a solicitude, teñan máis de dez anos de antigüidade e que non estean descualificados, así como os edificios de vivendas protexidas promovidos polo citado organismo nos cales o réxime de protección se extinguise nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes previsto na correspondente convocatoria de axudas, co obxecto de permitir acceder a estas axudas ás comunidades máis desfavorecidas.