Trámite de Infomación Pública do Anteproxecto da Lei de Ordenación do Litoral de Galicia

13 Xan 2023

O DOG do pasado 19 de decembro de 2022, publico o Anuncio de 15 de decembro de 2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda polo que se polo que se somete a información pública o Anteproxecto da Lei de ordenación do litoral de Galicia.

A premisa do presente anteproxecto é que o litoral debe ser ordenado desde un enfoque ecosistémico e integrado, contemplando todos os espazos da terra e o mar que integran o litoral de Galicia e cunha escala de ordenación axeitada, a autonómica.

As novidades mais suliñables desta lei son a regulación da xestión dos títulos de uso e ocupación do dominio público marítimo terrestre e dos usos e actividades no litoral.

O trámite de información pública iniciouse o pasado 20 de decembro e remata o vindeiro 20 de xaneiro de 2023.

Neste sentido, compre aclarar que lamentamos que esta comunicación non se fixera con anterioridade. A diferencia do habitual, o COAG non recibiu unha comunicación específica da Consellería da apertura deste trámite, polo que a información remítese cando se detecta a publicación do DOG.

Tamén se informa que o COAG trasladará unha comunicación á Conselleria solicitando un aprazamento do prazo para presentar suxestións.

Non obstante, dado que o proceso de información pública xa está iniciado e non temos a seguridade de que se amplíe o prazo,, coa finalidad de que o COAG poida recoller as propostas de achegas ao respecto, habilítase un prazo para que todos os colexiados interesados en propoñer suxestións a dita normativa, as remitan para proceder ao seu estudo e valoración.

As achegas deberán aportarse no formulario disponible no presente ENLACE, á maior brevidade posible, e, en todo caso, antes das 23:59 horas del próximo martes 17 de xaneiro. As achegas deberán realizarse nun arquhivo en formato de texto, preferentemente en formato Word.

Para acceder ao texto do Anteproxecto e no caso de querer obter máis información ao respecto, ou presentar directamente suxestións no portal de transparencia, deberase consultar o seguinte enlace:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0644/anteproyecto-ley-ordenacion-del-litoral-galicia?langId=gl_ES

Compartir