Está aberta a Consulta pública previa do Decreto polo que se modifica o Decreto 29/2010, de 4 de marzo, que aproba as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia, para realizar aportacións.
Órgano ou entidade impulsora: Instituto Galego da Vivenda e Solo
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda – Instituto Galego de Vivenda e Solo
Estado actual: Consulta aberta
Prazo para remitir achegas/opinións: 24/02/2023 – 13/03/2023
Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.
Información sobre a norma :
Antecedentes:
O Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia (DOG 18/03/2010) regula as condicións de habitabilidade que deben cumprir as vivendas que se constrúen ou rehabilitan en Galicia. Esta norma rexe os aspectos funcionais, non regulados por outras normativas técnicas, para garantir a calidade e habitabilidade dos espazos das vivendas galegas co obxecto de lograr o confort e benestar das persoas moradoras.
Nos últimos tempos estase a falar con insistencia sobre a reconversión en vivendas de antigos locais comerciais, pero os requisitos establecidos no devandito decreto limitan moito as posibilidades de realizar tales conversións, que por un lado permiten incrementar o número de vivendas dispoñibles e por outro facilitan a ocupación de locais que, por mor de diversas circunstancias, se atopan baleiros e sen expectativas de recuperar o uso comercial.
Por outra parte, pasados preto de trece anos dende a aprobación da devandita normativa, considérase necesario realizar unha revisión desta, adaptándoa a diversas necesidades xurdidas ao longo dos anos e postas de manifesto no marco do Observatorio de Vivenda de Galicia.
A comisión técnica do Observatorio da Vivenda analizou os cambios necesarios nas normas de habitabilidade.
Enlace: