Actualización de utilidades COAG

10 Feb 2022

Está dispoñible para todos aqueles colexiados con alta neste servizo, a listaxe de normativa de obrigado cumprimento actualizado ao 31 de xaneiro de 2022, recollendo todas as novidades lexislativas do ano anterior. Así para o caso, pola área técnica do COAG redactouse un informe no cal se indica as referencias normativas do ano 2021, indicando as cuestións derrogadas e/ou modificadas sobre a normativa ata o de agora vixente.

Dicir que nesta versión elimináronse as referencias ás normas AENOR contidas no CTE, tendo en conta que tal esixencia normativa é habitual xa noutros textos normativos diferentes a este. Contouse nesta versión coa mellora de maquetación realizada de forma altruísta polo compañeiro colexiado Roberto Saavedra Vilariño.

En breve realizarase a actualización doutras utilidades da web colexial, afectadas ou non polas novidades normativas do ano 2021, como foron a orde TMA/851/2021, o Estudo Básico de Seguridade ou a ficha de de cumprimento do Decreto 108/2006 do 15 de Xuño polo que se establece a ordenación turística dos restaurantes

Compartir