O BOP de Lugo nº 257 do pasado 10 de novembro, informa do acordo do pleno do Excmo. Concello de Lugo, en sesión celebrada o 27 de outubro de 2022, acordou aprobar inicialmente a ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TRAMITACIÓN DOS TÍTULOS HABILITANTES DE NATUREZA URBANÍSTICA E DAS ACTIVIDADES e indica que dita normativa exponse ao público, para que os interesados poderán examinala na páxina Web do concello e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas. Entenderase como definitivo o acordo provisional, de non ser presentadas reclamacións durante dito período, procedendo á publicación íntegra do texto da ordenanza.
Conforme ao anterior, a Xunta Directiva da delegación habilita un prazo para que todos os colexiados interesados en propoñer suxestións á devandita normativa, llas fagan chegar para proceder ao seu estudo e valoración.
As suxestións deberanse facer chegar no formulario dispoñible no presente ENLACE, á maior brevidade posible, e, en todo caso, antes das 23:59 horas do vindeiro luns 12 de decembro. As aportacións deberanse realizar nun arquivo en formato de texto, preferentemente en formato Word.
Por último indícase que está previsto que, unha vez rematado o prazo, se organice unha reunión presencial na delegación de Lugo para valorar as aportacións recibidas. Os interesados en asistir a esa reunión, deberán indicalo expresamente no formulario para realizar aportacións.