Participación na normativa en proceso de tramitación

11 maio 2022

Atópanse en proceso de tramitación o Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia, así como o Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Órgano ou entidade tramitadora: Consellería de Política Social

Departamento: Consellería de Política Social

Inicio da tramitación: 02/06/2021

Obxecto: a Lei 10/2014, do 3 de decembro, ditouse tendo en conta as previsións contidas no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. A norma ten por obxecto garantirlles ás persoas con discapacidade a igualdade de oportunidades en relación coa accesibilidade universal e co deseño para todos respecto dos contornos, procesos, bens, produtos e servizos, así como en relación cos obxectos ou instrumentos, ferramentas e dispositivos, de modo que estes se fagan comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas, en igualdade de condicións de seguridade e comodidade e do xeito máis autónomo e natural posible.

Para facer plenamente efectivas as medidas establecidas na devandita lei autonómica resulta preciso que o contido das súas disposicións se concreten, como mínimo, para definir a condición de accesible, os parámetros de accesibilidade que se definen no referido Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e a súa normativa de desenvolvemento. Por este motivo, a disposición derradeira primeira da Lei 10/2014, do 3 de decembro, establece que a Xunta de Galicia aprobará o regulamento de desenvolvemento e o código de accesibilidade que conteña todas as normas técnicas aplicables na materia. Coa finalidade de dar cumprimento a este mandato xenérico, así como a remisión específica de desenvolvemento normativo, e en base á habilitación ao Consello da Xunta recollida na súa disposición derradeira terceira, preséntase o presente decreto de aprobación do regulamento de desenvolvemento da Lei.

Estado actual: en prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: 06/05/2022 – 06/06/2022

ENLACE.


Órgano ou entidade tramitadora: Axencia Galega de Infraestruturas

Departamento: Consellería de Infraestruturas e Mobilidade – Axencia Galega de Infraestruturas

Inicio da tramitación: 25/01/2022

Obxecto: o obxectivo deste decreto é adaptar os preceptos do Regulamento xeral de estradas de Galicia aos cambios producidos na disposición legal que este desenvolve, de tal xeito que se eviten as contradicións que os cambios introducidos na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia provocaron, en relación co texto do antedito Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Tamén se realizan outros cambios, no texto do Regulamento xeral de estradas de Galicia, que teñen por obxecto rectificar, simplificar e aclarar a interpretación dalgún dos seus preceptos, dado que, transcorridos varios anos dende a súa entrada en vigor, a experiencia acumulada puxo de manifesto certas dificultades para a súa aplicación práctica por parte dos órganos administrativos competentes para esta.

Estado actual: en prazo de envío de suxestións

Prazo para remitir suxestións: 06/05/2022 – 06/06/2022

ENLACE.

Compartir